Dixeches censura? Aínda hai?

Resumo
A traxedia que sufriron os montes galegos en 2006 – segundo a Consellería do Medio Rural arderon 90.000 hectáreas – ocupou as primeiras páxinas dos nosos xornais e tamén dos nacionais e mesmo dos internacionais. Analizamos o tratamento informativo que recibiu este tema en dous medios impresos –La Voz de Galicia e El Correo Gallego- para comprobar se as informacións son coincidentes ou se se detecta censura de datos en favor da liña editorial ou doutro motivo. Centramos, pois, este traballo en discernir se a realidade se trasladou de igual maneira nestes medios para verificar se no tema da vaga de incendios houbo censura ou non.

Palavras-chave
Censura; manipulación informativa; liña editorial; fontes.